Crónica de una renuncia a la autonomía que alimentó el caos (GAL) ( www.nosdiario.gal ) gallego
Pasadas as 20.40 horas do luns, o presidente da Xunta da Galiza, anunciaba a suspensión da actividade nos centros de ensino para o martes, mais no Goberno galego non se pensaba nese momento en solicitar ao Executivo estatal que asumise o control da crise enerxética. Apenas unha hora despois, pedía decretar o nivel 3 de emerxencia e ceder a xestión da situación ao Estado español, ao igual que outras oito comunidades gobernadas polo PP. Un cambio de criterio que provocou aínda máis caos no país.
